Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nin avances nin data para una nova reunión polo conflito laboral do transporte de viaxeiros na Coruña

Nin avances nin data para una nova reunión polo conflito laboral do transporte de viaxeiros na Coruña

Os sindicatos cualifican de "irresponsable" a postura da patronal

Os traballadores manteñen a convocatoria de folga indefinida a partir do 2 de febreiro se non hai acordo

Sindicatos e patronal reuníronse coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. EFE/Xoán Rey. Sindicatos e patronal reuníronse coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. EFE/Xoán Rey.
G24.gal 26/01/2026 15:50

A reunión fixada para este luns entre sindicatos e patronal, con mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, polo conflito laboral no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña acabou sen ningún tipo de aproximación de posturas e sen data para un novo encontro.

"Non hai ningún avance, quedou todo en preliminares, a patronal volve levantar da mesa alegando as mesmas desculpas que cando se levantou a outra vez, é unha portada á negociación, ao presidente da Xunta e aos usuarios e usuarias", sentenciou o representante de CIG-Transportes, Ernesto Rei.

E é que esta central, convocadora das protestas xunto a CCOO e UXT, cualifica de "irresponsable" a postura da patronal e rexeita que se poida alegar por parte da mesma "uns presuntos actos vandálicos dos que non achega proba nin feitos concretos". Entre a principal demanda dos convocadores, está a negociación dun novo convenio con melloras laborais e salariais.

Pola súa banda, o presidente da Xunta cuestionado tras o Consello sobre a situación, reiterou que é "un conflito entre a patronal do transporte e os seus traballadores". "

A Xunta ofreceu o Consello de Relacións Laborais como instrumento mediador", recalcou para insistir en que "os que teñen que poñerse de acordo son eles".

"Un conflito entre unha empresa e os seus traballadores non se pode solucionar intervindo unha Adminsitración se o que se pretende desa Adminsitración é que poña o diñeiro que lle están reclamando ás súas empresas", dixo para facer un chamamento a "cumprir a lei" en relación aos servizos mínimos fixados. "Deben ser respectados e en moitos casos non se estaban respectando", aseverou para reiterar que serán "inflexibles na esixencia do cumprimento da normativa, pero non podemos substituír o papel de ningunha das dúas partes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade