Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nico Serrano ocupará o oco deixado por Carlos Vicente no Rácing

Nico Serrano ocupará o oco deixado por Carlos Vicente no Rácing

É un extremo de só 20 anos e formado no Athlétic Club que chega cedido ata o final da temporada

G24.gal 12/01/2024 21:25

A posición que precisaba cubrir o Rácing de xeito imperioso era a de extremo. O oco deixado por Carlos Vicente será ocupado por Nico Serrano (2003), un xove xogador formado no Athlétic Club co que debutou en Primeira División. 

Na temporada 22-23 estivo cedido no Mirandés, un equipo que aposta moito por este tipo de xogadores. E esta temporada, logo de renovar polo cadro bilbaíno, mandouno ao fútbol neerlandés. Estivo no Zwolle pero a falta de adaptación provocou que regresase hai unha semana e que o Athlétic se vise na obriga de buscarlle un novo destino. 

Xuventude e descaro. Esta é a aposta do Rácing, un extremo de 20 anos, internacional nas categorías inferiores e con fame de demostrar no fútbol profesional todo aquilo que apuntou en categorías inferiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade