Publicador de contidos

Publicador de contidos

Netanyahu anuncia a súa intención de ocupar toda Gaza

Netanyahu anuncia a súa intención de ocupar toda Gaza

A expansión da ofensiva israelí incluiría as zonas en que hai reféns a pesar das reticencias do propio exército hebreo

(Reuters/Ronen Zvulun)
EFE 05/08/2025 08:03 Última actualización 05/08/2025 08:34

O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, convocou para este martes unha reunión do gabinete de seguridade coa intención de "ir pola ocupación total da Franxa de Gaza", tal e como informou un alto funcionario nun encontro coa prensa israelí e que confirmaron a EFE fontes da oficina do líder do Goberno.

"O primeiro ministro convocará mañá (por hoxe) un debate sobre seguridade sobre a continuación dos combates e a súa expansión a zonas onde se teme que haxa reféns. As forzas de seguridade opóñense ás manobras en lugares onde se atopan retidos, por temor a causarlles dano", recolle un comunicado ao que tivo acceso EFE.

Durante o encontro coa prensa israelí, o voceiro de Netanyahu asegurou: "A sorte foi botada: imos ocupar por completo a Franxa de Gaza", segundo recolleu o diario Yedioth Ahronoth.

"Haberá operacións mesmo nas zonas onde se atopan os reféns. Se o xefe do Estado Maior non está de acordo, debería dimitir", dixo referíndose ao líder do Exército, Eyal Zamir, á vista da oposición do estamento de seguridade a esta medida.

Fontes próximas ao Goberno dixeron a EFE que aínda non se concretou a reunión do gabinete de seguridade, prevista para este martes, que decide o curso da ofensiva en Gaza e está formado por membros do Goberno das carteiras relevantes para ela e outros altos cargos de seguridade.

O Exército, en contra

Xa na tarde do luns, ás portas do anuncio, a prensa local anunciou que o xefe o Estado Maior, Eyal Zamir, cancelara a visita que tiña programada aos Estados Unidos.

Tras revelarse as intencións do mandatario, o Exército respondeu cun comunicado no que anunciaba a cancelación da extensión do servizo ata o de agora en vigor das tropas terrestres regulares a partir de 2025.

"Decidiuse dar aos soldados algo de espazo para respirar", asegura o comunicado, "á luz dos intensos combates en distintos sectores das forzas armadas nos últimos dous anos".

"As decisións foron tomadas polo Xefe do Estado Maior, preocupado pola calidade do servizo dos combatentes e o fortalecemento dos seus dereitos, en vista da súa contribución ás Forzas de Defensa de Israel e ao Estado de Israel", recolle o comunicado.

Segundo o diario The Times of Israel, a oposición das forzas armadas radica na preocupación por que as milicias palestinas en Gaza executen os reféns ante o avance das tropas (como ocorreu a finais de agosto de 2024 con seis prisioneiros, achados o 1 de setembro).

Tamén consideran que destruír a armazón de Hamas podería levar anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade