Publicador de contidos

Publicador de contidos

Néstor Araújo está preto de volver ao fútbol mexicano

Néstor Araújo está preto de volver ao fútbol mexicano

Remata contrato en 2013 e ten unha oferta do América de México

G24.gal 17/06/2022 07:00

O capítulo de saídas no Celta podería comezar coa do central Néstor Araújo. Non era un dos xogadores que estaba na rampla para marchar pero unha oferta do América de México por un xogador que vai facer os 31 anos e que remata contrato en 2023 está a ser moi valorada pola entidade celeste. 

Araújo xogou as últimas catro temporadas no Celta. Leva máis de 130 partidos e pode considerarse o defensa central máis regular nas aliñacións nos últimos tempos. Pero o mexicano tamén está a valorar un bo contrato e regresar a un equipo importante do seu país no que sería titular indiscutible nas vésperas de xogar un Mundial ao que aspira a ser un dos centrais titulares da selección. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade