Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nemesio leva exercendo como avogado 62 anos, é o máis lonxevo do colexio de Ourense

Nemesio leva exercendo como avogado 62 anos, é o máis lonxevo do colexio de Ourense

Traballou durante a ditadura sendo antifranquista e defendendo o nacionalismo galego

G24.gal 09/11/2021 22:01

Nemesio Barxa é o avogado en activo que máis tempo leva exercendo a súa profesión en Ourense. Ten 85 anos e 62 de experiencia. O avogado Barxa compartiu coa Televisión de Galicia como cambiou o seu oficio. 

Con 85 anos, Nemesio Barxa ten enriba da mesa os últimos casos que lle chegaron. Despois de 62 anos na avogacía pode presumir se ser o que máis tempo leva no colexio de Avogados de Ourense, desde o ano 59. 

Exerceu en Ourense, en toda Galicia e o norte de Portugal. E segue en activo. Antifranquista, defendeu a todo o independentismo e nacionalismo galego. Di que o caso ao que máis cariño lle ten é o asalto ao concello de Allariz no ano 89.

E interrompe a conversa a viúva de Manuel María. Amigo de Manuel María e tamén de Blanco Amor, atesoura todo canto escribiu. 

Os libros son outra das súas grandes paixóns e conta cunha biblioteca dun 7.000 exemplares, agás os de dereito, toda a súa bibliteca será para o Concello de Viana bo Bolo, onde naceu, en Caldesiños, e a onde quere que volvan as súas cinsas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade