Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Nélida Piñón adquiriu a dobre nacionalidade española e brasileña
Lembrou con emoción os seus antepasados galegos de Cotobade
Foi presidenta da Academia Brasileira das Letras
                            G24.gal
                        
                            14/01/2022 10:54
                        
                        
                        
                        
                    
                    Nélida Piñón adquiriu a dobre nacionalidade, ao asumir formalmente a española, nun acto celebrado onte e presidido polo embaixador de España no Brasil.
A escritora universal, primeira muller en presidir no mundo unha Academia de Letras, lembrou con emoción ao Brasil, España, Galicia, e os seus antepasados galegos de Cotobade.
Nélida Piñón é recoñecida internacionalmente pola súa literatura e goza dun gran recoñecemento por parte da crítica universal. Piñón foi presidenta da Academia Brasileira das Letras e Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2005 coa novela épica A República dos Soños.
 
         
                
                
				   
            