Nada cambia en 2022: Miku marca e o Deportivo gaña 1-0
O Deportivo tivo un penalti para pechar o partido nos minutos finais
O Deportivo ve a vida de cor de rosa logo da súa vitoria ante o Talavera. Sumou 40 dos 54 en xogo que lle serven para liderar con solvencia a clasificación.
E iso que nada máis empezar o partido, os manchegos dispuxeron dunha clara oportunidade rexeitada por Mackay. A reacción coruñesa non se fixo agardar e Miku probou o estado de forma de Rubén Miño, chave na resistencia talaverana no primeiro tempo.
O meta catalán mantivo o seu equipo no partido con paradas como esta a remate de Trilli, un dos destacados do encontro. Miño parouno todo durante todo o primeiro tempo. Todo, menos este lanzamento de Miku logo dunha xogada entre William de Camargo e Mario Soriano. Noveno gol do venezolano dos 35 que leva o equipo.
Monroy tivo a oportunidade de empatar á media hora de xogo, pero de novo apareceu Mackay para rescatar o Deportivo. Na segunda metade, os branquiazuis permitiron que o Talavera o puxera en apretos. Añón a piques estivo de empatar nada máis voltar da caseta.
E de seguido foi De Camargo o que fixo lucirse de novo a Rubén Miño. O encontro entrou nun ida e volta no que Perales dispuxo da ocasión máis clara do Talavera, pero de novo apareceu Mackay para impedir o gol.
Cun 1-0 incerto chegábase o último minuto cando Trilli provoca un penalti para pechar definitivamente o partido. Pero o lanzamento de Miku adiviñao Rubén Miño, convertido no auténtico heroe do Talavera.
A súa actuación non puido evitar, sen embargo, que o Deportivo se proclamara campión de inverno.