Cargando resultados...
Unha ferramenta permitirá que 20.000 traballadores da Grela poidan compartir coche
App Agrela Smart Mobility
G24.gal
22/09/2022 14:46
A asociación de empresarios do polígono empresarial da Grela creou unha aplicación coa finalidade de intentar resolver o problema de aparcamento que hai no parque empresarial. A ferramenta permite que os 20.000 empregados do parque poidan compartir coche.
Deste xeito aforrarán cartos e tempo, pero amais o feito de reducir coches vai contribuír tamén ao coidado do medio ambiente.
A plataforma unicamente pon en contacto os usuarios e despois eles, libremente, son os que negociarán as súas condicións.
A aplicación naceu a consecuencia dun cuestionario de mobilidade en que se reflicte que arredor de 15.400 vehículos, especialmente en horas punta, saturen os accesos.