A XUNTA IMPULSA ESTA PLATAFORMA SOLIDARIA EN COLABORACIÓN CON AMARE TERRA
Nace Terra Move, unha aplicación para facer doazóns aos deportistas galegos
O Goberno galego achega 250.000 euros ao proxecto
Terra move facilita a captación de fondos para clubs, federacións e deportistas
Calquera persoa a través dun teléfono móbil pode converterse en mecenas
Os deportistas galegos contan cunha nova vía para recadar fondos. A plataforma solidaria Terra Move nace coa intención de impulsar o mecenado deportivo e nela colaboran a Xunta de Galicia e a Fundación Amare Terra. O Goberno galego achega 250.00 euros no desenvolvemento desta ferramenta durante o período 2025-2027.
Esta aplicación permite facerlles doazóns de forma directa aos deportistas e conta con beneficios fiscais, dun 80 por cento do achegado no caso de particulares e dun 40 por cento para empresas.
Unha das primeiras beneficiarias desta iniciativa foi a saltadora Melania Rodríguez, que conseguiu nunhas semanas cartos para preparar os Xogos Olímpicos. Como subliñaba o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, "en pouquiños segundos e cun teléfono móbil un pode facer moito polo deporte galego".