Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celta e Deportivo á Final Four da Copa do Rei xuvenil

Celta e Deportivo á Final Four da Copa do Rei xuvenil

Os vigueses remontan na Madroa ante o Athletic de Bilbao cun partido espectacular do kenyano Kilbet

Os herculinos gañan no Heliodoro Rodríguez López ao Tenerife grazas a un gol de Lucas Regueiro

@canteiraceleste
G24.gal 11/02/2026 21:04

A canteira do fútbol galego goza dunha marabillosa saúde e como mostra o botón amosado por Celta e Deportivo clasificándose para a Final 4 da Copa do Rei. FAse que se disputará entre o 11 e o 14 de marzo cunha sede aínda por determinar. O rival dos vigueses será o Betis nesa semifinal namentras que os coruñeses xogarán ante o Fútbol Club Barcelona.

O Celta derrotou na Madroa ó Athletic de Bilbao por dous tantos a un nun partido no que tiveron que remontar o temperán gol do cadro vasco. Aí emerxeu a figura do kenyano Adrine Kilbet que empataría o choque antes do descanso cun gran disparo con rosca desde a frontal da área e asistía a Ángel Davila para o segundo gol cun marabilloso centro co exterior da súa bota dereita.

Pola súa parte o Deportivo impúxose a domicilio ó Tenerife grazas a un gol anotado mediada a segunda metade por Lucas Regueiro despois dunha gran xogada por banda dereita do lateral Guille. Os de Miguel Figueira souberon sufrir nos minutos finais para aguantar un marcador que os coloca na penúltima rolda do torneo do KO.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade