Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria de Basquet Coruña e derrota de COB Ourense na Primeira FEB

Vitoria de Basquet Coruña e derrota de COB Ourense na Primeira FEB

O equipo laranxa reforza o seu liderado tras derrotar con máis problemas dos previstos a Zamora (81-76)

Os das Burgas tiveron un último ataque para levarse o partido en Cartaxena pero remataron cedendo por un punto (81-80)

@ClubBZAMORA @ClubBZAMORA
G24.gal 11/02/2026 21:56

Basquet Coruña sufriu máis do esperado diante do equipo zamorano. Nos primeiros dous cuartos levou sempre a iniciativa no marcador co conxunto visitante facendo a goma sen perderlle a cara ó partido. Pero cando máis sufriría o equipo local foi no inicio do terceiro cuarto onde un parcial de saída 0–9 dos murcianos complicaba a vitoria dos laranxas. Aí apareceron Diop, Jorgensen e Barro para voltear ó electrónico e remar o terceiro cuarto con tres puntos de renda (65–62). No último cuarto os de Carles Marco souberon manter a renda favorable  pese os achegamentos visitantes levándose o partido por 81–76.

Pola súa parte COB Ourense tivo un partido moi compricado en Cartaxena. Tras un inicio igualado os de Moncho López colleron vantaxe no segundo cuarto pero un fatal parcial de 10–2 na contra nos últimos tres minutos do segundo cuarto fixo que o equipo ourensán chegara  ó intermedio catro puntos abaixo (41–37). No terceiro cuarto o tridente formado por Polynice, Faverani e sobre todo Svejcar fixo dano á defensa galega e soamente o acerto de Rafa Lisboa desde a liña de tres puntos deixou os de Moncho López no partido (68–65) cos últimos dez minutos por xogar. Nos últimos minutos o COB desaproveitou varios ataques para igualar ou poñerse por diante. A catro segundos do final Rafa Lisboa errou un tiro libre que levaría o partido á prórroga. O rebote quedou en mans cobistas pero Kalscheur non foi quen de levantar un último tiro certificando a derrota do equipo da cidade das Burgas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade