A Real Sociedade gaña en San Mamés e colle vantaxe nas semifinais da Copa do Rei (0-1)
O equipo de Matarazzo foi superior e fíxose acredor dun mellor resultado
A eliminatoria decidirase en Anoeta o próximo 4 de marzo
@RealSociedad
A Real Sociedade golpeou primeiro nas semifinais da Copa do Rei tras impoñerse en San Mamés ao Athletic de Bilbao nun derbi vasco onde o equipo txuri urdin foi mellor co seu rival e incluso mereceu un mellor resultado.
Na primeira metade o dominio foi alterno pero as ocasións foron case todas desde o lado visitante. Gonzalo Guedes foi un pesadelo para os bilbaínos pola banda esquerda e soamente as boas intervencións do porteiro Alex Padilla impediron o tanto donostiarra. Na segunda metade incrementaría aínda máis o dominio dos de San Sebastián. Dirixidos por Carlos Soler chegaban unha e outra vez á meta local ata que unha combinación entre Soler e Guedes foi remachada por Beñat Turrientes para marcar o único tanto do partido. O Athletic reactivouse un pouco coa entrada de Nico Williams ó terreo de xogo pero sen chegar a inquietar a meta de Alex Remiro.
O desenlace da eliminatoria será o próximo 4 de marzo co partido de volta que se disputará en Anoeta