Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Nace o Clúster Transfronteirizo de Turismo Galicia-Norte de Portugal
Fomentar o turismo sostible e impulsar o Camiño Portugués son algúns dos obxectivos
                            G24.gal
                        
                            01/08/2024 15:44
                        
                        
                                Última actualización 01/08/2024 16:25
                        
                        
                    
                    Naceu o primeiro Clúster Transfronteirizo de Turismo Galicia-Norte de Portugal.
Esta ferramenta, que se presentou en Vigo, enmárcase nun proxecto europeo e permitirá potenciar a colaboración público-privada na Eurorrexión, no eido turístico.
O Clúster porá en marcha accións empresariais conxuntas. Ademais impulsará a Eurorrexión como destino sostible e porá en valor os itinerarios portugueses do Camiño de Santiago.
O novo organismo, que reforzará sinerxías entre ambas beiras do Miño, mobilizará preto de 700.000 euros.