Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na Coruña está a brigada de Policía Científica de referencia no noroeste peninsular

Na Coruña está a brigada de Policía Científica de referencia no noroeste peninsular

Incorpora unha das cinco unidades de ADN que hai en España

O labor dos axentes especialistas nas técnicas de investigación criminal é fundamental para esclarecer delictos

G24.gal 06/06/2024 10:54

Nas unidades da Policía Científica do CNP na Coruña traballan axentes especialistas nas técnicas máis sofisticadas de investigación criminal. O seu labor é fundamental á hora de esclarecer delitos.

Os responsables da inspección ocular chegan co seu maletín ao lugar dos feitos. Recollen todo tipo de mostras que poidan constituír unha proba para esclarecer o delito.

O traballo organízase cada mañá desde a comisaría. A unidade especializada no uso de técnicas forenses para a recollida de vestixios traballa man a man coa Policía Xudicial. 

 "A protección do lugar antes de que nós cheguemos tamén é fundamental. É dicir, este é un traballo conxunto que empeza polo zeta que está na rúa e que se non protexe ben o lugar dos feitos pódense estragar probas e pode que perdamos información esencial para esclarecer os casos", explica o inspector Gabriel Espiñeira.

Con técnicas homologadas e válidas para a policía de toda a Unión Europea, os axentes da Científica van revelando no lugar dos feitos as pegadas do crime. 

No caso das dactilares e as palmares, as mostras son analizadas despois no ABIS, como denominan o grupo especializado na identificación biométrica. 

 "Temos que darnos conta de que o primeiro SAID, sistema automático de identificación que se mete en España e no ano 1986. E ata ese ano as pegadas mirábase con lupa e un flexo", reata Jesús Otero, inspector xefe do grupo de identificación ABIS


A tecnoloxía de investigación criminal vaise sofisticando ao tempo que o crime se globaliza. Recoñecemento facial, documentalística, informática forense e ata análise de ADN  fóronse incorporando aos sumarios grazas a estes axentes especializados.

"Os vestixios que nos mandan os grupos de inspeccións oculares de Galicia, Asturias e Cantabria son recepcionados, e aquí vemos se interesa busca de esperma, se é unha agresión sexual, ou sangue...", di María Eiroa, a inspectora xefa de Grupo de laboratorio territorial de ADN da Coruña. 
 

Un traballo minucioso e moi protocolizado en que os axentes da Coruña son referente para o noroeste peninsular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade