Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na cancha do Betis quere o Breogán mellorar as actuacións a domicilio

Na cancha do Betis quere o Breogán mellorar as actuacións a domicilio

Un xogador e dous membros do corpo técnico deron negativo nas probas PCR realizadas onte e están viaxando a Sevilla, polo que só serán dúas as baixas de hoxe

G24.gal 05/02/2022 13:50

Mirando de esguello á Copa e apuntando as eliminatorias polo título, o adestrador do Breogán sabe da importancia de gañar ante o cabeiro da táboa clasificatoria se quere lograr o seu segundo obxectivo.

O Breo só gañou en Burgos e Valencia fora da casa. Veljko Mrsic non quere que suceda esta tarde en Sevilla o mesmo que no derbi en Santiago.

E mañá o Obradoiro buscará ante o Barça a súa sétima vitoria do campionato. Ante Gran Canaria os xogadores de Moncho fixeron o mellor partido defensivo do ano. Non abondou.

Mañá, no Palau, á hora do vermú, o Obra terá que achegarse á perfección para superar ao transatlántico blaugrana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade