Cargando resultados...
Núñez Feijóo confía en que as eleccións de maio sexan as do "cambio político"
Núñez Feijóo confía en que as eleccións de maio sexan as do "cambio político"
O presidente do PP sinala que o seu partido actuou con Casado "en lexítima defensa" e confía en gañar o 28-M
G24.gal
29/01/2023 19:32
Última actualización 29/01/2023 20:09
O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, considera que "Pedro Sánchez necesita máis a Vox" que o propio PP. Nunha entrevista no diario dixital El Confidencial di tamén que agarda que as eleccións municipais e autonómicas do 28-M vaian ligadas a un cambio de ciclo político.
"Temos bos equipos, temos equipos unidos, temos un partido cohesionado e vin moita ilusión nos nosos candidatos. Eu espero a vitoria en maio e espero que se consolide ou que se inicie a consolidación dun cambio político en España".