Publicador de contidos
Publicador de contidos

Municipios galegos con prisións piden unha contraprestación por dar este servizo

Municipios galegos con prisións piden unha contraprestación por dar este servizo

Os cinco alcaldes acordaron solicitar audiencia co secretario xeral de Institucións Penais

Din que soportan o custo de servizos como o mantemento das redes viarias de acceso aos centros, o abastecemento de auga ou a xestión de residuos

Falan do "impacto negativo" que teñen nos medios e redes sociais cando falan deles 

G24.gal 04/04/2024 18:56

Os cinco municipios galegos nos que hai centros penais do Estado reclaman unha contraprestación por dar servizo a estas prisións. Falamos de Monterroso e Outeiro de Rei (Lugo),  A Lama (Pontevedra), Curtis (A Coruña) e Pereiro de Aguiar (Ourense).

Tras a xuntanza que mantiveron os seus alcaldes para crear unha fronte común ante esta problemática, todos eles denunciaron que afrontan unha "carga económica" extra polo feito de ter estas instalacións no seu municipio sen recibir contraprestación ningunha.

Sinalan que a "maior repercusión e preocupación" que teñen é o "impacto negativo" que adoitan ter cando os medios de comunicación e as redes sociais falan deles por ser as sedes dos cárceres.

Sosteñen que os concellos de pequena entidade e con poucos recursos teñen que "asumir e soportar" o custo de servizos básicos como mantemento das redes viarias de acceso aos centros, abastecemento de auga, depuración, recollida e xestión de residuos e outros aveños, ademais do traballo extra para os servizos sociais.

Esa carga económica que supoñen estes servizos básicos teñen que afrontala "sen recibir da Administración do Estado ningunha compensación económica respecto diso", denuncian.

Os rexedores lembraron tamén que os centros penais están exentos de calquera tipo de pago de impostos, de maneira que lle supoñen gastos, pero non ingresos.

"Estamos carentes de financiamento e cada día é máis complexo seguir prestando servizos se non se ten en conta a carga económica que temos que soportar", sinalan no seu comunicado.​

A este respecto, os cinco alcaldes acordaron solicitar audiencia co secretario xeral de Institucións Penais, Ángel Luis Ortiz, para trasladarlle unha proposta "clara e firme" para que se aprobe un fondo de achega a cada un destes concellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar