Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multitudinaria vixilia pola traxedia de Halloween en Seúl e piden dimisión do presidente

Multitudinaria vixilia pola traxedia de Halloween en Seúl e piden dimisión do presidente

G24.gal 05/11/2022 13:16

Milleiros de persoas reuníronse no centro de Seúl para chorar polos máis de 150 mortos na avalancha humana durante os festexos do Halloween. Na vixilia esixiron a dimisión do presidente surcoreano, Yoon Suk-Yeol.

Os organizadores, que non obtiveron permiso para organizar esta vixilia na simbólica praza de Gwanghwamun, convocaron miles de persoas para mostrar os seus respectos e protestar contra o "Goberno irresponsable" nun treito da avenida Sejong, entre a monumental porta de Namdaemun e as proximidades do Concello de Seúl.

Mentres, a investigación trata de depurar responsabilidades polos erros na resposta policial. Os servizos de emerxencias recibiron chamadas de alerta desde catro horas antes e non actuaron.

A policía surcoreana recibiu duras críticas esta semana despois de que se soubera que os servizos de emerxencia recibiron once chamadas desde unhas catro horas antes de que se producira a traxedia.

O Goberno central admite, ademais, a ausencia de protocolos no país asiático para evitar o desastre en grandes eventos que non contan cun organizador e prometeu que impulsará cambios normativos para regulalos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade