Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multitudinaria marcha en Madrid pola sanidade pública

Multitudinaria marcha en Madrid pola sanidade pública

A Delegación do Goberno cifra os asistentes en máis de 200.000, os organizadores en 670.000  baixo o lema "Madrid érguese polas sanidade pública"

Os movementos veciñais convocan a protesta a prol dun "servizo público, universal e de calidade", co apoio de sindicatos e a oposición, que rexeitan o plan sanitario de Ayuso

Milleiros de persoas polo centro de Madrid na manifestación pola sanidade pública
G24.gal 13/11/2022 13:07 Última actualización 13/11/2022 20:10

Milleiros de cidadáns, entre veciños dos barrios de Madrid e persoal sanitario madrileño, participan desde catro puntos de Madrid nunha marcha "en defensa da sanidade pública" na comunidade e contra "o plan de destrución da atención primaria" que, aseguran, promove o Goberno de Isabel Díaz Ayuso.

Trátase dunha marcha multitudinaria -convocada inicialmente pola Federación Rexional de Asociacións Veciñais de Madrid (FRAVM) e á que se sumaron sindicatos e partidos políticos- baixo o lema "Madrid érguese pola sanidade pública" e que se dirixe en catro columnas con puntos de orixe en diferentes zonas da cidade para confluír na praza de Cibeles, onde se lerá un manifesto.

Desde primeira hora milleiros de cidadáns, médicos e persoal sanitario congregáronse con pancartas con lemas como "o seu plan destrúe a nosa atención primaria", en referencia ao Goberno madrileño, presidido por Isabel Díaz Ayuso. Os asistentes congregáronse en catro puntos: norte (Novos Ministerios), sur (Atocha), leste (hospital A Princesa) e oeste (Ópera) e desde alí avanzarán en cadansúa columna cara á praza de Cibeles.

Antes do comezo da protesta, en distintos puntos do percorrido, os participantes comezaron a corear lemas en favor da sanidade pública e, na zona do Paseo do Prado, exhibiron unha gran figura caricaturizada da presidenta madrileña. Esta manifestación coincide co último día da folga convocada polos sindicatos SummAT, Mats, CSIF, Afem e AME, que chamaron os profesionais para secundala do 11 ao 13 de novembro, tras a mantida a fin de semana anterior.

Protestan contra o plan de reorganización das urxencias extrahospitalarias e denuncian ilegalidades por parte da Consellería de Sanidade de Madrid, que obriga a uns servizos mínimos "abusivos" do 100 %. No seu manifesto, os convocantes sinalan que a xestión da Consellería de Sanidade "potencia o modelo de colaboración público-privada" que supón que "de cada dous euros orzados para a sanidade pública en Madrid, un termina en petos privados".

A Comunidade de Madrid, sendo a rexión con maior renda per cápita, "é a que menos diñeiro inviste en atención primaria, a que menos diñeiro gasta por habitante e a que menos centros de saúde ten por 100.000 habitantes", afirman.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos