Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multitude de persoas arroupan a familia de Pepe Domingo Castaño no tanatorio

Multitude de persoas arroupan a familia de Pepe Domingo Castaño no tanatorio

 

Compañeiros de profesión, personalidades da cultura, do deporte e da política tiveron sentidas palabras de lembranza para unha das voces destacadas da radio española. 

G24.gal 17/09/2023 21:34

Dende a súa chegada ao tanatorio madrileño de Pozuelo, a viúva e os fillos de Pepe Domingo Castaño estiveron arroupados en todo momento por moitos amigos que o veterano xornalista deixa na radio e na profesión.

"A min fáltame o amigo, por riba do profesional, fáltame a persoa que me axudou sempre. Era moito máis que un locutor de radio. Era único; os máis somos cromos repetidos, pero el era único", asegura Juanma Castaño.

"A palabra máis fea é adeus e a máis bonita é o 'ola, ola!' de Pepe. É patrimonio non da COPE, da radio. Divertímonos moito con el. É un xenio, un crack", conta Manolo Lama.

"Vaise unha parte importante da historia da radio e na nosa biografía, un pedazo máis que se esgaza", lamenta Iñaki Gabilondo.

Os que o trataron de preto falan dun ser xeneroso, extraordinario e irrepetible.

"As reaccións á morte repentina do xornalista galego exceden o mundo da comunicación.
Era un rei, era un mito, non se nos vai", sentencia o humorista Tony Antonio.

"Era un amigo e unha gran persoa, e se hai algo que destacar é a cantidade de xente con formas diferentes de ver a vida que caeron por aquí", destaca o expresidente Mariano Rajoy.

Tras o velorio e a súa incineración en Madrid, o fillo predilecto de Padrón volverá á vila onde se criou e onde descansa tamén súa nai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade