Cargando resultados...
Evoluciona favorablemente a muller agredida pola súa parella en Carballo
Continúa ingresada na UCI do Hospital Universitario da Coruña

G24.gal
07/06/2022 20:13
Última actualización 07/06/2022 20:23
Evoluciona favorablemente a muller de 43 anos agredida brutalmente pola súa parella o pasado 30 de maio en Carballo. Segundo o último parte médico, a muller continua na UCI do Hospital Universitario da Coruña.
O seu presunto agresor está no cárcere desde o 1 de xuño acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa.
O xulgado de Carballo que instrúe o caso decretou tamén unha orde de protección para a vítima e para os fillos da parella, que implica que o home non poderá aproximarse nin comunicarse con ningún deles.