Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mulattieri só pensa en traballar

Mulattieri só pensa en traballar

O italiano leva 1 gol e foi titular en 5 de 6 partidos dende que chegou

"Hai todas as posibilidades para acadar bos resultados"

"A cidade é fermosa e o ambiente estupendo"

G24.gal 09/10/2025 13:56

Samuele Mulattieri é un dos fixos de Antonio Hidalgo nos onces dende que chegou procedente do Sassuolo en calidade de cedido. O dianteiro suma 366 minutos en 5 partidos, pero só foi quen de anotar ante o Leganés na terceira xornada. A pesar de que a competencia no ataque acumula mellores rexistros de cara a gol, como no caso de Eddachouri con 5 tantos, o italiano di que "só pensa en traballar". 

Este domingo o Deportivo visita ó Málaga, ás 21:00 na Rosaleda. Mulattieri sabe que "será un partido importante porque o Málaga é un equipo histórico" e asegura que "estamos con forza para afrontar este partido". O atacante tamén falou sobre a súa adaptación ao club e á a cidade: "Son feliz aquí, a cidade é fermosa, hai mar, lévome ben cos compañeiros, co adestrador... É un ambiente estupendo, hai todas as posibilidades para acadar bos resultados". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade