Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria do Baxi Ferrol na súa estrea europea

Vitoria do Baxi Ferrol na súa estrea europea

As de Lino López gañaron en Lisboa a Benfica nun partido decidido no cuarto final

Blanca Millán foi a mellor das galegas con 19 puntos

O mércores recibirán na Malata o equipo checo do Ostrava

@UniFerrol @UniFerrol
G24.gal 09/10/2025 22:43

O Baxi Ferrol comezou o seu periplo na Eurowomen Cup cun triunfo despois de derrotar en Lisboa o Benfica ,55-64 , nun partido en que as rapazas adestradas por Lino López xogaron de forma irregular pero que souberon culminar nun gran cuarto final.

E iso que o inicio de partido do equipo ferrolán foi bo, collendo unha renda de seis puntos (2-8) no treito inicial. Pero o cadro lisboeta, baseando o seu xogo na velocidade e agresividade, igualaría o partido chegándose o remate do primeiro cuarto cunha vantaxe de tres puntos favorable ó equipo departamental (14-17).

No segundo cuarto o ritmo do partido non baixaría. O Benfica xogaba a moitas posesións e o Baxi tiña problemas para coidar o balón, cometendo moitas perdas en situacións de ataque. Soamente a brillantez de Blanca Millán na anotación, con dezaseis puntos ó descanso, faría que as de Lino López chegaran o intermedio cun marcador favorable, 29-33.

O partido aínda se complicaría máis co mal inicio das galegas. O Benfica chegou a poñerse por diante por primeira e única vez no partido, 35-33. Pero chegaría a reacción visitante, que grazas os puntos de Daniels e a un triplo sobre a bucina anotado por Sopolova, chegaría ó último cuarto cun 47-52 o seu favor.

E no cuarto decisivo chegaría o bloqueo ofensivo de ambos equipos. Os primeiros cinco minutos transcorreron cun pírrico parcial de 1-2 favorable ó equipo ferrolán. O cansazo notábase en ambos equipos e anotar unha canasta semellaba misión  imposible. Ata que unha tripla de Blanca Millán elevaba a diferenza a 9 puntos a falta de algo máis de tres minutos par ao remate do partido. De aí o final, o equipo universitario soubo xogar coas presas do Benfica para ampliar a rendas e deixar o marcador no 55-64 definitivo

A segunda xornada europea para o Uni será este próximo mércores cando reciba na Malata ao Ostrava checo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar