Mulattieri: “Para un dianteiro é bo marcar, pero o importante é o equipo”
O italiano mostra a súa alegría por volver anotar tras catro meses e medio pero recoñece que non lle obsesionaba esa seca
Disputa con Zakaria o posto de dianteiro ante a visita a Riazor do líder
O italiano Samuelle Mulattieri volveu sorrir en Almería. Protagonista inesperado da vitoria do Depor ante un rival directo. Os branquiazuis levaron os tres puntos cun gol do ariete despois de catro meses e medio do seu anterior gol ante o Leganés.
O italiano conta con opcións para recuperar un posto no once inicial. É unha das dúbidas que manexa Antonio Hidalgo de fronte ao partido ante o Rácing.
“Para un dianteiro sempre é bo marcar pero hai que facer moitas outras cousas”, recoñece o xogador.
Disputa con Zakaria o posto ante a visita a Riazor do líder. O dianteiro destaca do Rácing de Santander que “é un rival moi forte, o líder. Xoga moi ben coa pelota e temos que facer un grande encontro".