Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mouriño afirma que vai da man de Antonio Chaves e de Luis Campos para fichar

Mouriño afirma que vai da man de Antonio Chaves e de Luis Campos para fichar

O presidente do Celta non quixo abordar en profundidade a situación deportiva nun acto co Banco de Alimentos

G24.gal 23/01/2023 15:21 Última actualización 23/01/2023 15:46

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, non quixo apenas falar do ámbito deportivo do equipo na presentación da campaña 100 anos, 100 toneladas, en que colaboran co Banco de Alimentos de Vigo. Dada a importancia dese acto, emprazou a falar desas cuestións noutro momento. Con todo, acabou facendo unha pequena referencia á marxe da iniciativa solidaria.

Á pregunta de se está preto de chegar un xogador que reforce o cadro de xogadores neste mercado de inverno, con independencia de que saia ou non Denis Suárez, dixo: "Nisto estamos a traballar".

A continuación, engadiu que unicamente ía comentar unha cousa máis:

"O que si podo dicir e asegurar é que tanto Antonio Chaves como Luis Campos como eu estamos unidos, imos da man e estamos a traballar polo ben do club"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade