Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto e 40 feridos no Medusa Festival de Valencia tras cederen varias estruturas polo vento

Un morto e 40 feridos no Medusa Festival de Valencia tras cederen varias estruturas polo vento

Emerxencias de Valencia informa de que nove dos feridos están graves e outros doce leves

Os refachos de vento superaron os 93 quilómetros por hora e prolongáronse 25 minutos

O concello de Cullera asegura que o Medusa tiña todos os permisos e garantías

Servizos de Emerxencias no lugar do accidente/ Emerxencias de Valencia
G24.gal 13/08/2022 09:02 Última actualización 13/08/2022 14:44

Un mozo de 22 anos faleceu e corenta persoas feríronse tras caer parte do escenario principal e a estrutura de entrada ao recinto en que se celebra desde o mércores o Medusa Festival, na praia de Cullera, en Valencia.

O tráxico accidente produciuse polo forte vendaval que se desatou contras as catro da madrugada e que envolveu nunha treboada de area todo o recinto.

Emerxencias informou de que nove dos feridos estaban graves e que foron evacuados a diferentes hospitais de Valencia e de La Ribera, en Alzira, mentres outros doce dos feridos tiveron lesións leves polo que recibiron atención no lugar do accidente por distintos equipos sanitarios.

A organización do festival suspende de xeito temporal a actividade e comunica que tras as inclemencias meteorolóxicas rexistradas esta madrugada desaloxaron o recinto como medida preventiva e para garantir a seguridade dos asistentes.

O festival, que agardaba reunir ata o domingo unhas 320.00 persoas, comezou este venres a programación de música electrónica.

Contra as catro da mañá, refachos de vento superiores aos 93 quilómetros por hora, fixeron caer varias estruturas, entre elas o cartel da entrada principal, de grandes dimensións, e distintas partes dos escenarios montados, algunhas delas caeron sobre o público.

A situación obrigou a evacuar o recinto, que a esa hora reunía unhas 50.000 persoas. Os asistentes explicaban que notaron como unha treboada de area, un "aire que queima" e viron como caían sobre a xente varias estruturas.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, durante esta madrugada producíronse "rebentóns cálidos" con refachos moi fortes de vento e ascensos bruscos das temperaturas. 

A Garda Civil e a Policía Local de Cullera evacuaron nuns minutos todo o recinto onde se celebraban os concertos, mentres os equipos sanitarios atendían e trasladaban os feridos máis graves.  O desaloxo de 50 mil persoas en 40 minutos provocou momentos de nervios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos