Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller de 68 anos morre atropelada no concello de Cee

Unha muller de 68 anos morre atropelada no concello de Cee

G24.gal 20/11/2021 11:15

Unha muller de 68 anos faleceu este venres no concello de Cee ao ser alcanzada por un vehículo cando cruzaba a Avenida Fernando Blanco

Segundo informa o 112 Galicia, os servizos sanitarios que se trasladaron ao lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Tamén interviñeron no operativo os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e mantemento de estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade