Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren once cabras en Baiona tras inxerir hortensias

Morren once cabras en Baiona tras inxerir hortensias

Comeron residuos de poda tirados nunha leira privada

As hortensias xeran cianuro

G24.gal 05/03/2026 14:32

En Baiona morreron once cabras tras inxerir hortensias. As perdas poden ascender a 2.800 euros segundo o seu propietario Celestino Barreiro. Os restos de poda estaban abandonados nunha beiravía e nunha leira privada do núcleo baionés de San Cosme en Chan da Lagoa. 

Celestino non entende por que o propietario dos residuos non os levou ao punto limpo moi próximo. Os restos vexetais aínda continúan alí. Polo que Celestino considera que se poderían producir máis casos.

Tamén considera que o Concello podería retiralas aínda que estean nunha leira privada porque son un perigo mesmo para os nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar