Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dúas persoas en Mesía ao envorcar o coche en que viaxaban

Morren dúas persoas en Mesía ao envorcar o coche en que viaxaban

Un dos falecidos saíu despedido do vehículo e foi localizado nunha árbore a uns dez metros de altura

A muller da outra vítima, que estaba no interior do automóbil, foi quen localizou o coche tras presentar unha denuncia pola súa desaparición

G24.gal 05/08/2025 14:19 Última actualización 05/08/2025 15:21

Dúas persoas morreron este martes en Mesía tras saír da vía e envorcar o vehículo en que viaxaban

Segundo informou o 112 Galicia, foi a muller dun dos ocupantes a que atopou o coche accidentado despois de presentar unha denuncia pola súa desaparición. Na chamada que realizou aos servizos de emerxencia alertaba de que o coche envorcara nun terraplén e o seu marido estaba no interior, falecido

No interior do vehículo atopábase o seu marido de 56 anos, falecido, mentres que o outro ocupante, unha muller de 45 e residente en Carral, foi localizada, tamén sen vida, suspendida nas ramas dunha árbore a uns oito metros de altura, polo que todo apunta a que debeu de saír despedida polo impacto.

O sinistro produciuse na estrada AC-542 ao seu paso pola parroquia de Bruma.

No lugar do sinistro traballan axentes da Garda Civil de Tráfico e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os especialistas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Profesional de Psicólogos de Galicia para dar atención especializada á familia no mesmo lugar dos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade