Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Morre Vangelis, músico e compositor grego autor de oscarizadas bandas sonoras
Gañou un Óscar pola música da película británica Carros de lume
 
            
                            G24.gal
                        
                            19/05/2022 21:40
                        
                        
                                Última actualización 19/05/2022 21:50
                        
                        
                    
                    Morreu o xenial compositor grego coñecido como Vangelis, a alma detrás das máis famosas bandas sonoras do cine contemporáneo como a de Carros de Lume, coa que conseguiu un Óscar, ou a futurista Blade Runner.
Rock psicodélico e música de vangarda fúndense nas súas pezas xa para sempre na historia da música onde soubo entrar coma un visionario coa súa música experimental. Tiña 79 anos.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
        .png) 
    
         
            
         
            
                 
            
                