Morre unha nena de 8 anos ao ceder un falso teito nun bloque de pisos de Salt, Xirona
Os feitos ocorreron a tarde do pasado sábado e a menor foi trasladada aínda con vida ao Hospital Trueta da capital xerundense, onde faleceu pouco máis tarde
O caso atópase actualmente en proceso de investigación, á espera de confirmar a causa accidental

Unha nena de 8 anos morreu en Salt, Xirona, ao ceder un falso teito dun bloque de pisos e precipitarse a un aparcadoiro a pé de rúa, o que se investiga baixo a hipótese principal dun accidente, segundo confirmaron este luns os Mossos d'Esquadra.
Os feitos ocorreron a tarde do pasado sábado e a menor foi trasladada aínda con vida ao Hospital Trueta da capital xerundense, onde faleceu pouco máis tarde. Ata o escenario do accidente trasladáronse unidades de Bombers da Generalitat, Mossos d'Esquadra, Policía Local e Servizo de Emerxencias Médicas. O caso atópase actualmente nese proceso de investigación á espera de confirmar a causa accidental.