Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller tras ser apuñalada polo seu fillo en Irún

Morre unha muller tras ser apuñalada polo seu fillo en Irún

O presunto parricida, de 47 anos, foi detido e está á espera de pasar á disposición xudicial

Arquivo / Europa Press Arquivo / Europa Press
G24.gal 06/02/2025 09:04

En Irún (Guipúscoa) unha muller foi apuñalada, presuntamente polo seu fillo de 47 anos. A vítima faleceu esta noite no hospital como consecuencia das feridas sufridas, segundo informaron fontes do Departamento Vasco de Seguridade.

O suceso ocorreu sobre as 13:30 no seu domicilio. Ata alí se desprazou o home e foi alí onde, supostamente, a agrediu cun coitelo. A parella da muller e unha tía do agresor tentaron axudar a vítima, que foi trasladada ao Hospital Donostia da capital guipuscoana, onde faleceu pouco despois.

O presunto agresor, que escapara nunha motocicleta, foi detido minutos despois, acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa.

O arrestado foi trasladado a dependencias policiais, onde permanece á espera de pasar á disposición xudicial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade