Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller atropelada na Laracha

Falece unha muller atropelada na Laracha

A vítima, de 58 anos foi atropelada a escasos 200 metros da súa vivenda cando cruzaba nunha zona sen paso de peóns

G24.gal 28/03/2023 09:43

Unha muller morreu este martes ao ser atropelada na Laracha (A Coruña), segundo informa o 112.

O suceso produciuse ás 8 horas no lugar das Rañeiras, en Lestón, onde un vehículo atropelou a vítima e alertaron varios particulares.

Ata o lugar mobilizáronse aos servizos sanitarios, que só puido confirmar o falecemento da muller; os bombeiros de Bergantiños, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil da Laracha, así como aos operarios de conservación da estrada.

Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ata o punto unha ambulancia de soporte vital avanzado e un equipo de Atención Primaria do centro de saúde da localidade, que atendeu un home de 24 anos, o condutor do vehículo, que ao parecer sofre lesións leves.

Polo momento descoñécese como se produciu o sinistro, pero a xulgar pola pegada que quedou no firme, todo apunta a un exceso de velocidade.

O condutor, que deu negativo nas probas de alcol e drogas, traballa no taller mecánico que rexenta o fillo da falecida na Laracha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade