Morre unha española en Istambul tras someterse a unha cirurxía estética
Con ela xa son 5 os españois mortos polo chamado turismo sanitario turco
Unha muller española morreu o pasado 3 de agosto en Istambul. Con 42 anos, estaba casada e tiña dous fillos. Viaxou á capital turca para someterse a varias operacións de cirurxía estética. Ao día seguinte comezou a sufrir dificultades respiratorias e xa nada se puido facer. Morreu poucas horas despois. A autopsia determinará a causa da morte.
Con ela xa son 5 as vítimas que deixa en España o chamado turismo sanitario a Turquía nos últimos anos. O prezo dos tratamentos, nalgúns casos ata 3 veces máis baratos que en España está entre os principais motivos deste tipo de turismo
"É buscar a economía sempre, intentar aforrar uns euros e facer o máximo que se poida nun país onde non coñecemos nin o idioma", apunta Carlos Torres Fortich, cirurxián plástico.
O regueiro de vítimas está poñendo en dúbida as garantías sanitarias que ofrecen algúns centros de Turquía.
"Non sei ata que punto se cumpren de todo, de feito hai clínicas privadas que ao parecer teñen certificados que son comprados", explica o cirurxián.
O caso de homicidio por neglixencia xa están nas mans da Fiscalía turca. O médico foi detido e posto en liberdade con cargos mentres segue a investigación. Malia que está de moda viaxar a Turquía para facer un retoque estético, son moitos os que nunca irían.