Morre un mozo golpeado por unha nora no festival Boombastic en Asturias
O mozo de 25 anos levou un golpe na cabeza do que non se recuperou
Un mozo de 25 anos morreu na madrugada do domingo no festival musical Boombastic que esta fin de semana se celebra no municipio asturiano de Llanero.
O falecido é un mozo madrileño que se desprazara ata o Principado cun grupo de amigos. Levou un golpe na cabeza mentres a atracción estaba en movemento.
Aconteceu sobre as catro e media da madrugada. Tralo impacto, o mozo foi asistido polos servizos médicos, que non puideron evitar o seu falecemento.
A Garda Civil fíxose cargo da investigación para esclarecer as circunstancias nas que se produciu este tráxico accidente.
O festival Boombastic reúne desde o xoves e ata este domingo a unhas 60.000 persoas no recinto feiral da Morgal, no concello asturiano de Llanera, a pouco máis de dez quilómetros de Oviedo.