Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 74 anos cando conducía e o seu turismo saíu da vía en Sarria

Morre un home de 74 anos cando conducía e o seu turismo saíu da vía en Sarria

O condutor, que faleceu por causas naturais e iso causou a perda de control do coche, ía canda a súa muller, que quedou ilesa

O accidente de tráfico sucedeu no lugar dos Remedios

G24.gal 26/03/2023 21:41 Última actualización 26/03/2023 23:02

Un home de 74 anos faleceu esta noite mentres conducía o seu turismo na estrada LU-5703 á altura de San Pedro de Froián, en Sarria. O condutor perdeu o control do vehículo, que acabou na cuneta.

Todo apunta a que o deceso se debeu a causas naturais.

Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida. O turismo chocou contra a marxe esquerda da estrada no alto dos Remedios.

Ademais, no coche viaxaba a súa muller, que non quedou ferida. Os feitos sucederon uns minutos antes das 20:00 horas.

O 112 Galicia recibía nese momento o aviso por medio das Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De xeito inmediato, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Sarria, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade