Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home en Mos atrapado polo seu vehículo no garaxe

Falece un home en Mos atrapado polo seu vehículo no garaxe

O suceso rexistrouse na rúa Ludeiro no centro urbano da vila

G24.gal 20/08/2022 22:42 Última actualización 20/08/2022 23:14

Un home faleceu este sábado pola tarde no centro de Mos tras sufrir un tráxico accidente co seu vehículo. Foi atropelado polo turismo que tiña estacionado ás portas do garaxe. O condutor baixou do coche momentos antes do accidente.

 A Policía Local de Mos acudiu ao lugar e instrúe o atestado. Unha ambulancia do 061 mobilizouse ata alí e o persoal sanitario xa non puido facer nada máis que certificar a morte do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade