Cargando resultados...
Un morto e unha ferida ao chocaren un camión e un ciclomotor en Poio
A muller ferida foi trasladada ao Hospital de Montecelo
G24.gal
10/03/2022 14:53
Accidente mortal en Poio, na avenida de Andurique. Produciuse preto das 12 e media do mediodía, cando chocaron un camión e un ciclomotor en que viaxaban dúas persoas.
No accidente morreu un home de 67 anos e unha muller de 64 quedou ferida. A muller foi trasladada ao Hospital de Montecelo.
Bombeiros de Pontevedra, Protección Civil e Policía Local de Poio, así como a Garda Civil Urxencias Sanitarias do 061 traballaron na zona.