Cargando resultados...
Morre un home de 88 anos ao ser atropelado en Coristanco
Os dous ocupantes do vehículo sen carné que atropelou o home quedaron feridos

G24.gal
13/02/2022 21:15
Un home de 88 anos faleceu este domingo en Coristanco tras ser atropelado por un vehículo que non precisa carné de conducir.
O suceso aconteceu contra a unha e media desta tarde na AC-552, cando o turismo con dous ocupantes, que resultaron feridos no accidente, alcanzou o peón.
O octoxenario foi trasladado en estado grave nun primeiro momento ao complexo universitario da Coruña, onde morreu.
O 112 Galicia, tras recibir o aviso, solicitou a presenza no lugar dun equipo de Urxencias Sanitarias do 061 e pediu a colaboración dos voluntarios da Protección Civil da localidade coruñesa.