Cargando resultados...
Morre un home de 67 anos atropelado por un camión en San Cibrao das Viñas
O suceso ocorreu ás seis da tarde na N-525

G24.gal
05/03/2024 19:53
Última actualización 05/03/2024 20:55
Un home de 67 anos morreu este martes en San Cibrao das Viñas, en Ourense, ao ser atropelado por un camión que transportaba troncos de madeira.
O atropelo tivo lugar ás 18:00 horas no quilómetro 234 da estrada N-525.
Ata a zona mobilizouse o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061 con base en Ourense.
Os seus profesionais só puideron certificar o falecemento do peón.