Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oito persoas feridas, unha delas con pronóstico reservado, nun atropelo múltiple no campo da festa de Burela

Oito persoas feridas, unha delas con pronóstico reservado, nun atropelo múltiple no campo da festa de Burela

Un vehículo conducido por un home de 80 anos entrou a gran velocidade no recinto e alcanzou as oito persoas, pertencentes ao colectivo 'Eu Son'

As primeiras hipóteses apuntan a un accidente, e non se descarta que o home sufrira unha indisposición que lle fixo perder o control do vehículo

G24.gal 30/05/2025 17:28

Un aparatoso accidente no campo da festa de Burela provocou que varias persoas quedaran feridas de diversa consideración. Segundo informa o 112 un vehículo foise da vía, entrou no recinto festivo ubicado preto da zona portuaria e atropelou varias persoas que se atopaban no lugar.

Segundo algunhas fontes, un vehículo, conducido por un home de avanzada idade, duns 80 anos, entrou no recinto a unha velocidade moi elevada, e, por causas que se investigan, levou por diante ás oito persoas.

Fontes hospitalarias confirmaron que unha das feridas atópase con prognóstico reservado debido á gravidade das lesións, e as outras sete están graves con fracturas en distintas partes do corpo. Trátase dunha muller que sufriu traumatismo craneoencefálico grave e amputación dunha perna, e que entrou en parada no hospital.

Os feridos pertencen, ao parecer, ao colectivo 'Eu Son', unha fundación sen ánimo de lucro que se dedica á protección das persoas con discapacidade intelectual. Ao parecer estaban facendo unhas fotos a carón da pista dos coches de choque.

Imaxe do vehículo que conducía o octoxenario Imaxe do vehículo que conducía o octoxenario

Segundo algunhas fontes, o condutor q produciu o atropelo quedou custodiado polas forzas da seguridade, e nun primeiro momento non precisou asistencia sanitaria. Deu negativo nas probas de alcoholemia. 

Segundo indicaron os medios desprazados, o atropelo puido producirse despois de que o octoxenario que conducía o turismo golpease unha estrutura e se desviase, por mor do impacto, á zona na que se atopaban estas persoas. 

As primeiras hipóteses apuntan a un accidente, e non se descarta que o home sufrira unha indisposición que lle fixo perder o control do vehículo

 

O atropelo ocorreu preto das catro e media da tarde deste venres. Ao lugar desprazáronse, ademais dos servizos sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, así como os Bombeiros de Barreiros. A Policía Local de Burela, en colaboración coa Garda Civil, fíxose cargo da instrución de atestado, tendo en conta que o suceso tivo lugar en zona urbana.

Tras a reunión mantida co equipo de goberno, coa comisión organizadora das festas e cos voceiros da oposición, e logo de escoitar tamén os partes médicos e aos corpos de seguridade, tomouse a difícil decisión de continuar coa programación prevista das festas patronais.

Tivéronse en conta as últimas valoracións médicas, que indican que varias das persoas feridas xa están en planta e evolucionan favorablemente, algunhas incluso xa recibiron a alta hospitalaria. Aínda que unha persoa continua en estado grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade