Cargando resultados...
Morre por covid Carlos Marín, o cantante español de Il Divo

G24.gal
19/12/2021 21:36
Falece Carlos Marín, o cantante español que formaba parte de Il Divo
Marín tiña 53 anos e estaba ingresado en estado grave, tras contaxiarse de coronavirus, nun hospital de Mánchester. O cantante, que estaba vacinado, levaba días intubado e en coma inducido.
Foi o propio grupo musical quen confirmou a noticia a través das dúas redes sociais. Despedíanse del os seus compañeiros asegurando que nunca máis haberá outra voz e outro espírito coma o del.