Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o senador colombiano Miguel Uribe dous meses despois do atentado que sufriu

Morre o senador colombiano Miguel Uribe dous meses despois do atentado que sufriu

A saúde do tamén precandidato presidencial empeorara nos últimos días e permanecía en estado crítico

(Europa Press/Sebastián Barros) (Europa Press/Sebastián Barros)
G24.gal 11/08/2025 12:19 Última actualización 11/08/2025 12:55

O senador colombiano e precandidato presidencial Miguel Uribe Turbay morreu este luns en Bogotá, no centro hospitalario en que permanecía ingresado desde que o 7 de xuño pasado fora vítima dun atentando, informou a súa muller María Claudia Tarazona.

"Pido a Deus que me amose o camiño para aprender a vivir sen ti", escribiu Tarazona nas súas redes sociais, onde agregou: "Descansa en paz, amor da miña vida. Eu coidarei os nosos fillos".

As últimas informacións sobre o seu estado relataban unha complicación tras unha cirurxía de emerxencia, debido a un sangrado intracerebral. O seu estado era crítico por unha hemorraxia no sistema nervioso central. 

"Nas últimas 48 horas o seu estado clínico reverteu a unha condición crítica, debido a un episodio de hemorraxia no sistema nervioso central. Esta condición requiriu novos procedementos neurocirúrxicos de urxencia que lograron estabilizalo", dicía o parte médico.

Uribe Turbay, de 39 anos e membro do partido de dereita Centro Democrático, recibiu dous disparos na cabeza e un na perna esquerda cando encabezaba un mitin nun parque de Bogotá. Tras as primeiras asistencias de urxencia foi trasladado á Fundación Santa Fe, na capital colombiana onde permanecía ingresado.

O político fora sometido o pasado 16 de xullo a outra cirurxía, da que saíu "ben", segundo informou nesa ocasión a súa esposa.

Polo atentado contra Uribe Turbay hai seis persoas detidas, entre elas o autor material, un adolescente de 15 anos que foi arrestado coa pistola usada no ataque.

Ademais, a Fiscalía vinculou a outros cinco adultos sinalados de participar na planificación e encubrimento do crime, entre eles Elder José Arteaga Hernández, alias o Costeño, considerado unha peza clave por ser o presunto coordinador do atentado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade