Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía identifica como británico de ascendencia siria o autor do atentado en Manchester

A Policía identifica como británico de ascendencia siria o autor do atentado en Manchester

O ataque contra unha sinagoga deixou dous mortos e polo menos tres feridos graves durante o Yom Kippur

O suposto autor, Jihad Al-Shamie, morreu abatido pola policía minutos despois

G24.gal 02/10/2025 23:01

A Policía Antiterrorista británica identificou o autor do atentado perpetrado este xoves nunha sinagoga de Manchester como Jihad Al-Shamie, un cidadán británico de 35 anos e de ascendencia siria. O ataque deixou dúas vítimas mortais e polo menos tres feridos.

O suposto atacante morreu minutos despois a mans da policía.

Detidos outros tres sospeitosos de colaborar

As autoridades informaron da detención doutros tres sospeitosos: dous homes duns 30 anos e unha muller de arredor de 60, arrestados baixo sospeita de "comisión, preparación e instigación" de actos terroristas.

Engadiron que continúan as pescudas para comprender a motivación do ataque e subliñaron que Al-Shamie non figuraba en rexistros previos do programa británico de prevención antiterrorista 'Prevent'.

Vídeos difundidos en redes sociais mostraron o rostro do atacante

O ataque produciuse arredor das 9:30 horas locais no exterior da sinagoga da Congregación Hebrea de Heaton Park, ao norte de Manchester, moi concorrida pola celebración do Yom Kippur.

Un home foi apuñalado e, posteriormente, un vehículo arremeteu de forma intencionada contra un grupo de viandantes.

Vídeos difundidos en redes sociais mostraron o rostro do atacante, primeiro portando un obxecto na cintura e despois abatido no chan.

A Policía confirmou que levaba un chaleco cunha aparencia similar á dun explosivo, pero especialistas comprobaron despois que era inoperativo.

A Policía indicou que as dúas vítimas mortais pertencían á comunidade xudía, aínda pendente de identificación formal.

Ademais, tres homes permanecen hospitalizados con feridas graves: un por arma branca, outro tras ser atropelado e un terceiro que se presentou máis tarde cunha lesión presuntamente sufrida no momento da detención do atacante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade