Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o exministro Josep Piqué

Morre o exministro Josep Piqué

O político e economista ocupou distintas carteiras durante os gobernos de José María Aznar, entre 1996 e 2003

G24.gal 06/04/2023 09:23

O exministro de Exteriores e Industria Josep Piqué faleceu este xoves aos 68 anos no hospital 12 de Outubro de Madrid, segundo informou a familia nun comunicado.

"Con profunda dor comunicamos o falecemento do noso esposo e pai, Josep Piqué Camps, no 12 de Octubre de Madrid. A súa integridade persoal, a súa fortaleza, o seu amor pola familia, o traballo e a súa loita pola vida van acompañar sempre", reza a nota da familia do que foi tamén portavoz do Goberno. 

O político e economista ocupou distintas carteiras durante os gobernos de José María Aznar, entre 1996 e 2003.

O vicesecretario de acción institucional do PP, eurodeputado e vicepresidente do Partido Popular Europeo, Esteban González Pons, foi un dos compañeiros de partido que antes contou nas redes sociais a noticia.

Despois de deixar a política, Piquei foi o presidente da compañía aérea Vueling ata agosto de 2013. Entón foi nomeado conselleiro delegado e vicepresidente segundo de OHL. Tamén ocupou o cargo de CEO de Política Exterior, grupo editorial centrado na análise das relacións internacionais cuxo consello asesor está composto por todos os exministros de Asuntos Exteriores de España.

 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, lamentou a morte do exministro Josep Piqué e publicou unha mensaxe na rede social Twitter no que destaca o seu compromiso coa "sociedade civil" e a súa disposición para o "diálogo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade