Cargando resultados...
Morre Leo Beenhakker, adestrador do Real Madrid na época da "Quinta del Buitre"
G24.gal
10/04/2025 20:22
Leo Benhakker, adestrador do Real Madrid na época da "Quinta del Buitre" e gañador de tres títulos de Liga, unha Copa do Rei e dúas Supercopas co Real Madrid, morreu á idade de 82 anos. Así o confirmou nun comunicado oficial o club branco.
Iniciou a súa traxectoria no Ajax antes de aterrar na Liga como técnico do Zaragoza (80-84). En 1986 asinou co Real Madrid, co que ergueu seis trofeos, pero faltoulle a Copa de Europa. Volveu ao Ajax antes de estar nunha segunda etapa no equipo madrileño, co que perdeu a Liga de Tenerife no ano 1992. O neerlandés tamén dirixiu a súa selección, coa que estivo no Mundial de 1990.