Cargando resultados...
Morre aos 96 anos María Marcote Pérez, sogra de Amancio Ortega
Estaba viúva desde 2019

G24.gal
10/10/2025 10:48
Última actualización 10/10/2025 11:33
Loito na familia Inditex. A sogra de Amancio Ortega e avoa materna de Marta Ortega, María Marcote Pérez, faleceu na Coruña aos 96 anos.
Nai de Flora Pérez Marcote, levaba viúva desde 2019, cando se produciu o falecemento do seu home, Manuel Pérez.
O velorio celébrase no Tanatorio Albia da Coruña e o funeral terá lugar na igrexa parroquial de San Pedro de Visma, onde será enterrada.