Miles de minerais, fósiles de millóns de anos e xemas, á vista na feira de Guláns
A pequena parroquia de Ponteareas celebra esta fin de semana a súa sétima feira dos minerais
A primeira feira dos minerais que se celebrou en toda Galicia foi no ano 2013
En Guláns, unha pequena parroquia de Ponteareas, celebraron esta fin de semana a sétima feira dos minerais. En disitintos postos, o público puido gozar da beleza dos minerais, fósiles de miles de anos de antigüidade e tamén de xoias.
A primeira feira dos minerais que se celebrou en toda Galicia foi en Compostela, no ano 2013. O interés que suscitou e os coleccionistas que congregou permitiron probar sorte nesta pequena parroquia de Ponteareas, en Guláns. Desde aquí viven tres días ao ano a maxia dos minerais, un bo plan para os amantes da natureza para pasear por millóns de anos de historia xeolóxica.
O público da feira é heteroxéneo, desde coleccionistas en busca das rarezas ata os que simplemente queren comprar unha pequena xoia ou algúnn obxecto decorativo. E moitos nenos. Paralelamente destos postos e máis aló do interés do evento organizaron talleres de identificación de minerais ou limpeza de fósiles.
Abdoul leva máis de quince anos co seu posto de fósiles. Vive en Palencia pero viaxa todos anos a Guláns a esta feira. Inicouse neste micromundo das xemas e da xeoloxía cando era un neno e recollía pedras na mina marroquina de Midelt.
Sheila vende xoias on line, pezas exclusivaas que ela fabrica, e viaxa co seu posto a distintas feiras. En Galicia só fai esta de Guláns.
Feiras coma esta teñen unha arista comercial, porque todos os postos nos din que venderon ben, e outra didáctica, a que leva aos visitantes ao mundo da xeoloxía e mineroloxía.