Friol rememora o seu pasado castrexo coa festa do Friulio
Unha cita que non deixa de medrar, nesta edición, xa van oito, contou 35 asociacións de recreación histórica e 580 figurantes
Hai 3.000 anos, viviamos no cume dun outeiro, en castros coma o que hai a carón do río Narla.
"Viviamos en clans, eu son o ferreiro que reparo os escudos tras as batallas", explica Iñaki, o ferreiro.
O castro cobra estes días vida coa celebración do Friulio no que se lembra o orixe castrexa do municipio.
"Como vivían os novos ancestros, facemos todo coas nosas mans", di Suso Arias, presidente da asociación que organiza a festa, A Castronela.
Unha época convulsa en que os castrexos loitaban defendendo o seu territorio.O asedio das tropas romanas é o acto central desta festa
"Hai un asedio ao castro Friulio, unha batalla campal desde varios escenarios", comenta o romano Julius.
E nada mellor para repoñer forzas tras a batalla que un pouco de porco celta ao espeto.
"Botamoslle unha salsa milagreira", di o chef.
Unha das novidades desta edición foi a cerimonia de benvida aos nados no último ano.
"O ano pasado casamos aqui polo rito celta e este ano bautizamola pequena", di un dos pais, Jorge López.
Unha cita que non deixa de medrar, nesta edición, xa van oito, contou con 35 asociacións de recreación histórica e 580 figurantes.