Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre Tina Turner aos 83 anos

Morre Tina Turner aos 83 anos

A polifacética artista estaba considera como a raíña do rock

Tina Turner
G24.gal 24/05/2023 20:50 Última actualización 25/05/2023 10:45

A cantante Tina Turner faleceu hoxe aos 83 anos preto de Zürich (Suíza), segundo anunciou o seu portavoz nun comunicado. "Tina Turner, a Raíña do Rock'n Roll, morreu en paz hoxe á idade de 83 anos despois dunha longa enfermidade na súa casa en Kusnacht, preto de Zürich, Suíza", di o comunicado.

O verdadeiro nome da estrela do rock era Anna Mae Bullock. Naceu o 26 de novembro de 1939 en Nutbush, Tennessee (Estados Unidos). Foi unha versión da canción "Let's Stay Together", do cantante Al Green de 1972, o que a fixo saltar á fama mundial.

Doce anos despois, en 1984, sacaría o seu quinto álbum, que a elevaría ao cume do éxito coa venda de oito millóns de exemplares e circuítos nos que encheu tantos estadios que o Guiness de Récord a consideraba a artista que reunira máis público nos seus concertos.

Outros grandes éxitos foron "What's Love Got to Do With It", "Private Dancer", "I Don’t Wanna Lose You" e "The Best". "Coa súa música e a súa infinita paixón pola vida, ela marabillou millóns de fans en todo o mundo e inspirou as estrelas do mañá. Hoxe dicímoslle adeus a unha querida amiga que nos deixa a todos o seu maior traballo: a súa música", sinala a conta da cantante en Instagram.

Turner instalouse en 1995 xunto co seu marido, o produtor musical alemán Erwin Bach, en Suíza e en 2013 renunciou á súa nacionalidade estadounidense e adoptou a do seu país de residente.

Cancro

O mesmo ano da súa naturalización como cidadá suíza, Turner sufriu un accidente cerebrovascular e tres anos despois sóubose que sufría cancro.

As súas penas agraváronse co deceso de dous dos seus catro fillos, Craig en 2018 e Ronnie o ano pasado.

Haberá unha cerimonia funeraria para Turner de carácter estritamente privado, coa presenza dos seus familiares e amigos próximos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade